lunes 8 de febrero de 2010

Club de lectura junior

Queda contituído o "Club de Lectura junior" do IES Val do Tea. Reunirémonos o primeiro luns de cada mes. A próxima cita será o día 1 de marzo. Seguimos a senda dos maiores e leremos tamén a Bernardo Atxaga: "Memorias de una vaca"

Deixamos Obabakoak para máis adiante, obra de 1989 e que no 2005 foi levada ó cine por Montxo Armendariz co título de Obaba. Desta obra si hai tradución ó galego.

Crispín d'Olot

O próximo día 12 de Febreiro visítanos no centro un trovador. Si, un trovador e xograr, Crispín d'Olot. Os departamentos de Música e Lingua e Literatura Castelán xunto coa biblioteca ofreceránvos a actuación de Crispín que terá dúas partes: unha primeira para os alumnos/-as de 4º de ESO e 2º de Bacharelato e unha segunda para os alumnos/-as de 3º de ESO e 1º de Bacharelato. As actuacións son de 90 minutos cada unha e incluirán recitacións do temario de literatura correspondente ós cursos que asistan , acompañando a recitación de diversos instrumentos.


Este particular personaxe conta cunha moi longa historia xograresca, a foto que encabeza a entrada é dos seus inicios, e aínda que xa tiña moito percorrido andado, a televisión aumentou a súa fama. Pero todo o que poidamos dicir del aquí non sería suficiente. Adxunto o seu currículum e vos mesmos xulgai se tén ou non historia, o venres poderedes comprobar "in praesentia" o merecemento da súa gloria.


Crispín d’Olot


Natural de La Bañeza 3/01/1971 (39 años)

Técnico delineante

Cursó estudios de filosofía en la UCM.

Trovador y Juglar.

Autodidacta.

PREMIOS

28/10/2009 - Participa en el programa-concurso de Tele 5 Tú sí que vales y se clasifica para la Final.

02/12/2009 - Segundo puesto en la Final de Tú sí que vales de Tele 5

30/12/2009 - Cuarto puesto en la MEGAFINAL de Tú sí que vales de Tele 5 entre más de 200 artistas de todo el mundo.

16/08/2008 - 1er premio en el I Certamen Nacional de Cuentacuentos <>.

15/08/2009 - 2º premio en el II Certamen Nacional de Cuentacuentos <>.

1989-1996

En su ciudad natal funda el grupo de pop-rock “La Planete Sauvage”, cuyas maquetas suenan en El Diario Pop de Radio 3.

Durante su estancia en Madrid da conciertos en solitario en locales para cantautores: Il Tempo, El Niko’s, Capitol, Sala Maravillas, La Flauta Mágica, La leyenda de la Villa de Patones, etc. y toca en los grupos Control Freak y Los Marines. En sus conciertos participan pintores y artistas plásticos que improvisan sus creaciones en el escenario.

1997-2001

Se vincula al teatro de calle a finales de los años 90 en Barcelona, época en la que aparecen los Mercados Medievales. Reinventa el oficio de juglar y trovador. Trabaja con las principales y más importantes productoras de eventos medievales, siendo la primera, la más antigua: Estampida Medieval. Como juglar ha viajado a Australia, Francia, Holanda, Portugal... y ha actuado en las ferias más importantes de España: Vich, Alcalá de Henares, Ávila, La Coruña, Burgos, Concentaina, Córdoba,...

Estrena en mayo del 1998 “Los Cuentos del Duendecillo Chiquirriquitillo” en la Fira del Llibre de Castellón de la Plana, dónde continúa representando este espectáculo en la actualidad. Como trovador que cuenta cuentos, comienza una larga trayectoria en el mundo de la narración oral.

El 22 de junio de 1999, Javier Sardá lo invita a participar en el mítico programa Crónicas Marcianas.

Inicia en Foncebadón los “Banquetes Medievales”, en La Taverna de Gaia, germen de sus futuros espectáculos para cenas medievales.

2002

Graba su primer trabajo musical “El lago de las damas” con The Mountain Kids, un CD de música tradicional leonesa con reminiscencias celtas. Quizá uno de los primeros trabajos que funden la canción tradicional de León con la música irlandesa.

Estrena “El pícaro Filandón” en las Fiestas de San Juan y San Pedro de León, un espectáculo sobre la picaresca en la cultura tradicional, con versiones y adaptaciones de cuentos populares como “El pastor y la princesa”.

2003-2005

En el Patio del Palacio de los Guzmanes, inaugura con “Romances” las Jornadas Jacobeas organizadas por Excma. Diputación de León para conmemorar el Año Santo.

Presentación de su 2º CD “¡Viva lo Único! en la XXI Fira del Llibre de Castellón de la Plana.

Interpreta “La Razón de la Sinrazón”, un espectáculo basado en un capítulo apócrifo de la obra magna de Cervantes en el que don Quijote de la Mancha viaja por el tiempo desde el siglo XVII hasta la actualidad, en las Jornadas gastronómicas históricas de Castilla y León en San Juan, Puerto Rico.

Interpreta “La Razón de la Sinrazón” en la gala de presentación del 50º Aniversario de la SEMINCI.

2006-2007

Interpreta a Cristóbal Colón en el monólogo “Gritó ¡tierra!” en el patio del Episcopio durante las XI Jornadas Medievales de la Ciudad de Ávila. Montserrat Arribas, periodista y colaboradora del Mundo-Castellón, autora del monólogo, se basó para escribirlo en los últimos días de la vida de Cristóbal Colón.

Organiza, pero desde una perspectiva diferente, el VI Encuentro de Juglares de Sahagún, convirtiéndolo en una verdadera convivencia. Ese año acudieron “juglares” venidos de toda la geografía peninsular y se volvió a recrear el destierro que les infligió la reina doña Urraca en 1116.

Inventa y representa un espectáculo profusamente documentado y con grandes dosis de originalidad titulado Versos y Bardos: un viaje a través de la literatura en lengua castellana” en el que un juglar hace las veces de lazarillo para guiar al espectador desde los orígenes de las literaturas románicas hasta nuestros días.

2008

Participa en el XI Festival de Narrativa Oral de Chelva, “CUENTANTÓN”.

Crea y representa “Encuentro con Quevedo”, en el que encarna al insigne y controvertido escritor y da vida a sus poemas.

Obtiene el 1er premio en el I Certamen Nacional de Cuentacuentos <> por su espectáculo “El pícaro Filandón”.

Lleva su repertorio de literatura medieval a la exposición itinerante “El Cid y su época” organizada por la Junta de Castilla y León en las localidades de Laguna y Tudela de Duero.

Estrena el espectáculo “España en un poema”, en el que repasa los momentos más importantes de la historia de España desde la óptica de los poetas.

Es director teatral de las Cenas Templarias del Castillo de Ponferrada.

Imparte un taller de creación literaria para niños en el Museo de la Siderurgia y de la Minería de Castilla y León.

2009

En 2009 adaptó para el público infantil su espectáculo “Encuentro con Quevedo” con el título de “QUÉ VEdO?: encuentro con Quevedo para niños”, que se programó en la sección infantil del XIV Festival de Teatro Clasico de Getafe.

Estrena la versión infantil de “El pícaro Filandón” con el subtítulo de “Cuentos de la guitarra encantada”.

Obtiene el 2º premio en el II Certamen Nacional de Cuentacuentos <> por su espectáculo “Encuentro con Quevedo”.

Imparte un taller de iniciación al teatro para niños en el Museo de la Siderurgia y de la Minería de Castilla y León.

También dirige el grupo de animación y música medieval Los Juglares Cazurros, con el que ha participado en los Mercados Medievales de Ponferrada, Palencia, Ávila, León, Lugo, etc.

28/10/2009 Participa en el programa-concurso de Tele 5 Tú sí que vales y se clasifica para la final.

02/12/2009 Segundo puesto en la Final de Tú sí que vales de Tele 5

30/12/2009 Cuarto puesto en la MEGAFINAL de Tú sí que vales de Tele 5 entre más de 200 artistas de todo el mundo.

2009

21/01/2010 FITUR 2010 actuación en la presentación de la Propuesta Turística del Diputación de León en el Año Jacobeo y del 1100 Aniversario del Reino de León.

13/01/2010 Pregonero del Carnaval Bañezano 2010


Podedes botarlle tamén unha ollada a este vídeo del no que xoga coa lingua. Neste outro recita a Góngora. Na súa páxina tamén podedes atopar máis información.

Para máis información sobre Aedos, rapsodas, trovadores, xograres e bardos, remítovos ó blog de Linguas clásicas Val do Tea.


sábado 6 de febrero de 2010

Lectores responsables

Colgo no noso blog este enlace que me pasaron do Plambe. Seguramente son cousas que todos/-as sabemos ou deberíamos saber, pero que non sempre recordamos e que moitas veces non facemos. É un pouco longo, o uso dos "latinajos" (vaiche boa!), pero a mensaxe é o que importa. Como amantes dos libros supoño que somos tamén amantes da vida, e os amantes da vida han de ser homines responsabiles, lectores responsabiles e todas as responsabilidades que poidades imaxinar.

viernes 5 de febrero de 2010

Club de lectura junior


Imos poñer a andar un Club de Lectura Junior, para os máis cativos/-as. Faremos as reunións os primeiros luns de cada mes despois das clases, ás 6 na biblioteca.
Desta vez quedamos o luns día 8 de Febreiro para decidir que lecturas imos facer.
Traede o voso libro favorito e ideas lectoras. Agardámosvos a todos e todas.

jueves 4 de febrero de 2010

Club de lectura

Tivemos hoxe a reunión do Club de Lectura. Parece que imos perdendo adeptos, aínda que esperamos que noutra ocasión os vaiamos gañando. Xa sabemos que algúns estiveron en examen ou preparándoo, a estes non temos nada que dicirlles, salvo que non sempre é conveniente ou o máis axeitado preparar os exames o día antes, pero en todo caso máis vale facelo a última hora que non facelo. Ós que non viñestes porque non lerades aínda o libro, si hai algo que dicirvos, e é que aínda que sen ler o libro podedes vir á reunión, estar connosco e dos comentarios que fagamos os que si o lemos igual sacades máis ganas de comezalo. Así que para o próximo mes xa temos elixido a Bernardo Atxaga, o libro escollido é "Sete casas en Francia" que se publicou o ano pasado ó mesmo tempo nas 4 linguas do Estado. El escribe en euskera, pero fíxose o gran esforzo de publicalo ó mesmo tempo traducido.


Por certo, a tradución ó galego gañou o premio á mellor tradución no 2009, terémolo en breve na biblioteca. En castelá está publicado en Alfaguara, a mesma editorial que o publicou en català. A edición en galego está en Faktoría K, e a orixinal en euskera nestes momentos non volo sabería dicir. Agardámosvos a todos/-as e máis na próxima reunión do día 4 de Marzo, coma sempre ás 4 e media na biblioteca.
Tamén podedes ler o libro e deixarnos os comentarios no blog.

miércoles 3 de febrero de 2010

Club de lectura



O xoves, día 4 de Febreiro reúnese de novo o Club de Lectura para comentar o Tres vidas de santos de Eduardo Mendoza, lectura do mes de Xaneiro. Esta obra consta de tres relatos breves, sobre o último dos cales “El malentendido” versa unha mini-exposición que fixemos na biblioteca.



A literatura contén moitos mundos, a literatura ás veces tamén contén outras literaturas. Hai autores que nos falan doutros, libros que nos falan doutros libros como se uns nos levaran a outros. Isto é o que pasa no último relato do libro de Mendoza no que o autor a través do protagonista dos relatos nos fai unha defensa dos seus autores favoritos, porque como dixo o propio Mendoza nunha entrevista no programa da TV3 L’hora del lector, os autores que defende Antolín Cabrales Pellejero, apodado Poca Chicha, son os autores que defende Mendoza.
Desde o” Club de Lectura” quixemos render unha homenaxe ó autor con esta mini-exposición dos autores citados, dalgúns puxemos o libro citado, doutros, a falta do libro citado na biblioteca puxemos outro do mesmo autor.



Atopámonos lendo o último relato de Mendoza con Somerset Macghaum. Deste autor é o conto que a profesora de literatura lle pasa ó protagonista de “El malentendido”. Del non temos nada na biblioteca. É un autor británico que naceu en Francia porque era fillo dun diplomático. Escribíu novelas, teatro e contos. Moitas das súas obras foron levadas ó cine. Unha cita del sobre a lectura é “A lectura non da ó home sabiduría,dalle coñecementos” ou tamén “Só unha persoa mediocre está sempre no seu mellor momento”.

Sabías que…?

A novela de Eduardo Mendoza La verdad sobre el caso Savolta se titulaba nun principio Los soldados de Cataluña?

Pois si, a censura franquista prohibiulle ese título e Eduardo como xa a novela estaba editada cambioullo por La verdad sobre el caso Savolta co que agora a coñecemos.

Ademais o censor dixo desa novela: “Novela estúpida y confusa, no se entiende nada, es tan mala que no importa que se publique”

Iso, si, como xa quedou dito houbo de cambiarlle o título.


Se pasas pola biblioteca podes ler a cita do relato "El malentendido" relativa a cada autor ou libro onda eles. Agardámosvos.





Ciclo de cine de comedia



O martes, día 2 de Febreiro, comezamos o "ciclo de cinema de comedia" organizado pola biblioteca, proxectando "Atrapado no tempo". Continuaremos cunha proxección por curso ata Maio.


Ó mesmo tempo na biblioteca fixemos unha pequena exposición para ilustrar con libros o tema: "Rir dá que pensar".






Todos os libros, así como as películas que se proxectarán están ou estarán en breve en préstamo na biblioteca.















Esta é a breve introducción que nos fixo Esmeralda para o ciclo.
RIR DÁ QUE PENSAR

A culpa de todo tena Dionisios. Todo comezou cos festivais dionisíacos de Atenas. As festas adicadas ao deus do viño duraban varios días. Moita troula e moita festa. Coros e comparsas, danzas, cantos, improvisacións, burlas e, claro, todo acabou como acabou… nun ciclo de cine de comedia na biblioteca, e con unha invitación a ler para rir, ou rir para ler, que nunca se sabe.

Qué terá de esto da comedia que, ata Aristóteles lle adicou unha Poética? E é que o libriño ten tamén o seu… En El nombre de la rosa hai crimes e asesinatos por culpa deste libro.

“(…) Quero ver o segundo libro da poética de Aristóteles, o que todos coidan perdido ou xamáis escrito, do que gardades a única copia (…)”. Isto é o que Guillermo de Baskerville lle di a Jorge de Burgos, palabras clave nos asesinatos cometidos na abadía. Máis tarde, Jorge, falando do mesmo libro, di: “(…) Aquí invírtese a función da risa, elévase a arte, abrenselle as portas ao mundo dos doctos (…)”. ¿Qué terá o libriño? ¿Qué terá?

E, a comedia, que terá? Este xénero é quen de facer voltar á vida a David Zimmer (o protagonista de El libro de las ilusiones), case morto, ata que Hector Mann, un dos últimos cómicos de cine mudo, o fair ir. E entón, todo cambia, iniciando unha viaxe polo cine cómico mudo…

E, como algo ten, terás que descubrilo. Comedias haiche moitas, velaquí unha mostra:

Desde os máis antigos:

Aristófanes, Las avispas

Lisístrata

Plauto, Anfitrión

Comedia de la olla

Moliere, El médico a palos

El enfermo imaginario

Shakespeare, Las alegres comadres de Windsor

Mucho ruido y pocas nueces

El sueño de una noche de verano

La fierecilla domada

A buen fin no hay mal principio

Lope de Vega, La dama boba

La discreta enamorada

El perro del hortelano

El castigo sin venganza

Lo fingido verdadero

Calderón de la Barca, La dama duende

Casa con dos puertas, mala es de guardar

El secreto a voces

Ruiz de Alarcón, Las paredes oyen

Tirso de Molina, Don Gil de las calzas verdes

El vergonzoso en palacio

Agustín Moreto, El lindo Don Diego

Ata os máis cercanos:

Castelao, Os vellos non deben de namorarse

Miguel Mihura, A media luz los tres

Melocotón en almíbar

Tres sombreros de copa

Jardiel Poncela, Usted tiene ojos de mujer fatal

Eloísa está debajo de un almendro

Cuatro corazones con freno y marcha atrás

Los ladrones somos gente honrada

Fo, Darío, No hay ladrón que por bien no venga y otras comedias

Misterio bufo

Ocho monólogos

Ionesco, E., La cantante calva

Núñez Singala, O achado do castro

Comedia bífida

Pero todos actuais, case nada cambia… Son comedias de enredos, comedias de capa e espada, algunhas de absurdo, como as de Mihura ou Ionesco …

E cerca da comedia, están a farsa…

Carballo Calero, A farsa das zocas

Valle_Inclán, Farsa y licencia de la reina castiza

García Lorca, Amor de Don Perlimplín con Belisa en su jardín

Retablillo de Don Cristóbal ( farsa para guiñol)

E tamén os títeres, o guiñol, a inversión, o carnaval, o disfraz…

Valle- Inclán, Retablo de la avaricia, la lujuria y la muerte

E se queres coñecer como é a comedia, por dentro: El espíritu de la comedia, de Antonio Escohotado.

Todo empezou coa festa, con Dionisios, co cambio de papeis, con Don Carnal, coa burla. E aí seguimos, coas comparsas, as chirigotas… Todo igual. Risa que libera.